"Para facernos unha idea do coñecemento de Martín Sarmiento", sinala Henrique Monteagudo, "podemos botar man do seguinte dato. No momento da súa morte, a biblioteca que gardaba Sarmiento na súa cela tiña da orde de seis mil volumes. Por comparar, a de Voltaire estaba nos 3.000 volumes, a de Adam Smith en 1625 volumes e a de Jovenallos, por situar unha máis próxima, nos 1.700 volumes". O CCG presentou hoxe unha edición do inventario manuscrito que o propio Sarmiento fixo dos primeiros 4.500 volumes, dispoñible en electrónico na súa web. E canda el, o Discurso crítico-botánico sobre el vegetable gallego Seixebra, un voluminoso inédito do frade bieito, que supón un dos máis exhaustivos traballos botánicos de Martín Sarmiento. A edición foi coordinada por Henrique Monteagudo e contou coa anotación do propio Henrique Monteago, Xosé Antonio López Silva, a transcrición foi de Rafael Loureiro e Mari Álvarez Lires achega un estudo no que afonda no papel de Sarmiento na introdución da ciencia moderna en España e Galicia.


