A proximidade do Día das Letras Galegas, adicado a Sarmiento, alimenta as sorpresas e as iniciativas. Henrique Monteagudo descubriu na Biblioteca Nacional de Madrid o orixinal autógrafo de Sarmiento da súa única obra na nosa lingua: as Coplas galegas. O achado é importante porque son poucos e incompletos os manuscritos redactados polo frade. E, ademais, o fin de semana traía outra interesante nova: a Consellería de Cultura encargou a elaboración dunha curtometraxe infantil sobre o frade realizada por Lúa Films.
Rebuscando entre os papelotes
Foi un achado casual: Henrique Monteagudo, secretario do Consello da Cultura Galega e profesor de filoloxía da Universidade de Santiago (USC) estaba buscando orixinais de Sarmiento nos catálogos da Biblioteca Nacional de Madrid. Á petición número 15, a bibliotecaria entregoulle un volume ben encadernado e perfectamente conservado que pertencera a un amante dos libros do XIX chamado Pascual de Gayangos, e que este cedera á Biblioteca Nacional. Alí dentro estaba o tesouro: o orixinal das Coplas galegas de Sarmiento, mesmo con algunha copla máis da edición que publicara José Luis Pensado. E un contido extra ben interesante: o "Comento lingüístico" que o frade realizou entre 1749 e 1770, pouco antes de morrer. Nese comentario, Sarmiento vai explicando tódalas fórmulas léxicas que aplicou na redacción das Coplas. "Pascual de Gayangos", indicou Henrique Monteagudo, "dalgún xeito sabía a importancia do que estaba alí dentro, e coidouse moito de encadernar adecuadamente aquel texto para preservalo".
Coma
O achado encaixa dentro do programa xeral do Consello da Cultura Galega para a recuperación e edición de toda a obra do Padre Sarmiento. En total, máis de 40.000 páxinas nas que o frade berciano aborda todo tipo de temáticas, dende a botánica ata a filoloxía ou a historia. A maior parte dos textos que coñecemos do Padre Sarmiento proveñen dunha copia conservada nos Arquivos do Ducado de Medina Sidonia, en Sanlúcar de Barrameda. O proxecto do Consello da Cultura Galega será a edición e publicación de todo este material. Como é lóxico, o proxecto durará varios anos e o seu equipo directivo está composto por prestixiosos investigadores como Manuel Díaz y Díaz, Eduardo Pardo de Guevara, Francisco Díaz-Fierros, Carlos Casares ou o mesmo Henrique Monteagudo.
Fraiciño Sarmiento
E a Consellería de Cultura da Xunta comezou a presentar xa as súas actividades e proxectos para o Día das Letras Galegas. Entre eles, sobrancea o encargo que lle fixeron a Lúa Films para realizar "A Escola das Areas", unha curtametraxe de animación de plastilina que versará sobre a figura do Padre Sarmiento. Non é a primeira vez que Lúa Films aborda un proxecto semellante: anteriormente xa fixo curtas de animación sobre Eladio Rodríguez, Ánxel Fole e Manuel Murguía.