
O misioneiro galego, que se fixo coñecido polo seu labor de evanxelización e defensa dos aborixes australianos, desenvolveu un importante traballo sonoro, sendo responsable do primeiro concerto de piano que se deu na illa das antÃpodas.
Formado musicalmente en Tui, Salgado destacou como pianista e aplicou os seus coñecementos musicais ao seu labor evanxelizador. Deste xeito, desenvolveu unha orquestra de corda e unha banda de ventos con aborixes australianos e desenvolveu un método de solfexo para os formar na música europea. O Consello da Cultura publicou en 2014 Obras para piano a recoller as tres pezas do misioneiro que se conservan no Arquivo da Catedral de Tui.
A estas composicións, Andrea González sumou para o seu traballo as pezas Salve Regina, que conseguiu en Australia e mais Tantum ergo, localizada no mosteiro de Cava de Tirreni e a obra Maquialó, conservada nas memorias do autor. O álbum contou coa colaboración da soprano Leonor Bonilla.