"Non son o balance vital ou o testamento, senón máis ben o proxecto de toda unha vida", sinalou Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega, sobre un libro que xa tivo edicións en italiano, francés, español e inglés. As memorias do tudense Rosendo Salvado, bispo de Nova Nursia, documentan o relato da cristianización dos aborixes australianos e convértense nun documento fundamental para comprender a primeira conformación da Australia moderna.
O CCG presentou a tradución das Memorias históricas sobre a Australia, editadas orixinalmente en italiano en 1851, no Parlamento galego, nun acto no que tamén estiveron presentes o presidente da Xunta de Galicia e a presidenta do Parlamento de Galicia. As Memorias documentan a traxectoria de Rosendo Salvado en Australia, onde desenvolveu un asentamento misioneiro desde un revolucionario punto de vista en época colonial, baseado na defensa dos dereitos dos aborixes.
A figura de Rosendo Salvado e as súas memorias
Rosendo Salvado foi un monxe bieito e bispo decisivo no proceso de colonización de Australia. Fundador da AbadÃa de Nova Nursia nun momento de apoxeo colonialista, destacou polo seu trato coas comunidades aborixes, baseado no respecto da súa identidade e dos seus dereitos.
A obra divÃdese en tres partes. Na primeira ofrece unhas notas sobre OceanÃa en xeral nas que, segundo o propio Salvado "engadÃn ás miñas observacións particulares canto de importante teñen escrito os viaxeiros de máis sona, tales como Cook, DÂ’Urville, Wilson, Rienzi, Mitchell, Grey, Lang, Leichhardt e outros”. Na segunda aborda a súa Misión de Nova Nursia, mentres que na terceira fala dos usos e costumes dos salvaxes. "Non fago máis que contar coa veracidade e exactitude dunha testemuña ocular canto vin e souben polos mesmos salvaxes” explica o autor no prólogo da publicación.
Rosendo Salvado no Consello da Cultura Galega
A presentación da edición en galego de Memorias históricas sobre a Australia pecha as actividades que ao longo deste 2014 o Consello da Cultura Galega celebrou a propósito da figura deste bispo. En abril tivo lugar un simposio internacional no que especialistas de diferentes disciplinas achegaron novas olladas sobre a importancia do seu legado. Canda a esta cita, a exposición "Rosendo Salvado: valedor do pobo aborixe” resaltou o talante decidido e arriscado do bieito galego nos seus primeiros contactos cos nativos, asà coma o tacto, intelixencia e discreción con que realiza a inmersión na súa cultura e tradicións. A mostra estivo en Tui, Compostela e posteriormente no Mosteiro de Samos.
Non era a primeira vez que o Consello da Cultura Galega se achegaba á figura do tudense. A primeira vez foi no ano 2001, co gallo do centenario da súa morte, cunha exposición "Rosendo Salvado: o bispo dos sen alma”. Ademais, ten publicado a tradución ao galego da obra de George Russo, Lord Abbot of the Wilderness. The life and times of Bishop Salvado, onde ofrece un retrato da súa vida, obxectivos, logros, desafÃos e fondas dificultades polas que pasou e a súa perseveranza. Ademais, presenta unha descrición detallada do traballo que desenvolveu a favor dos aborixes de Australia Occidental, os seus logros, puntos de vista e métodos.