O Consello da Cultura lembra a Frei Rosendo Salvado cunha mostra en Tui

Un frade nas antípodas

Hai 101 anos morría un dos primeiros defensores dos aboríxenes australianos, Frei Rosendo Salvado. Un galego que se aventurou na daquela desocoñecida Australia tentando evanxelizar os indíxenas e descubriu unha realidade de inxustiza á que non puido ficar indiferente. O Consello da Cultura Galega réndelle homenaxe a este viaxeiro cunha mostra que se inaugura mañá en Tui, terra natal de Frei Rosendo, e que tenta amosar a influencia real do misioneiro galego no proceso de construcción de Australia.

Bispo dos sen alma





A exposición "Frei Rosendo Salvado: O bispo dos sen alma", presentará ata o quince de outubro os aspectos culturais e etnolóxicos menos coñecidos da obra que desenvolveu nas antípodas.
Na mostra, que se pode ver no pazo do xulgado, poderán verse diferentes obxectos persoais do frade, así como paneis explicativos sobre as súas viaxes e a súa actividade evanxelizadora e de defensa dos aborixes en Australia.
A mostra foi organizada pola sección de Ciencia, Tecnoloxía e Sociedade do Consello da Cultura Galega en colaboración coa sección de Cultura Galega no exterior.
Aínda que a mostra inaugurarase o vindeiro sábado, mañá procederase á inaugruación, no que estará presetne o coordinador da sección organizadorea, Francisco Díaz-Fierros, e que estará acompañado polo cóengo arquiveiro da Catedral de Tui e polo concelleiro de Cultura da vila, que representarán as dúas entidades que colaboraron na organización da mostra.













Onde ningún misioneiro fora antes




Frei Rosendo, nacido en Tui en 1814, chegou a Australia trinta anos despois coa intención de evanxelizar a poboación autóctona que ata entón se resistira ós intentos de cristianizala. Onda outro frade benedictino tomaron contacto cos indíxenas e deciden que o mellor xeito de propagar o catolicismo era fundar un mosteiro, obxectivo que acadaron na rexión de New Norcia. Alí, foron dos primeiros misioneriso que acadaron a conversión ó cristianismo da poboación local, chegando mesmo a ordear monxes algúns aborixes.
Unha das claves do seu éxito foi considerar os aborixes coma seres humanos con capacidade para desenvolverse mediante a educación exactamente ingual que os colonizadores, elevándoos do estatus case animal no que estaban para o home branco.





A antropoloxía








Ademais e ensinarlle unha nova relixión, Frei Rosendo desenvolveu un intenso labor de obxervación sobre a cultura indíxena, sendo aínda hoxe as súas notas un importante referente para a comprensión dos aborixes.

Ademais, criticou duramente as políticas desenvolvidas polos colonizadores ingleses que tentaban sedentarizar os australianos, os metían en escolas á forza e os asasinaban impunemente.
Outros dos actos históricos desenvolvido por Frei Rosendo, foi a introducción do eucalipto en Galicia, no seu momento como simple planta ornamental.