Rosendo Salvado: un valedor do Outro

Unha exposición celebra a pegada do tudense Rosendo Salvado na historia australiana

3/3/2014 | Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:

Abadía de Nova Norcia. Retrato ca. 1870

Cúmprense 200 anos do nacemento do tudense Rosendo Salvado e unha ampla exposición recolle o seu legado na cristianización e dignificación dos indíxenas australianos vinculados á abadía de Nova Nursia, fundada por el. Música, cartas, moitísimas fotografías que documentan a actividade destes misioneiros que foron alén do seu labor cristianizador nas comunidades nas que se asentaron.

Rosendo Salvado foi abade de Nova Nursia, un importante centro colonizador da poboación indíxena australiana. O seu importante traballo como valedor do pobo aborixe, defensor dos seus dereitos fronte a colonos, é especialmente destacado e necesario hoxendía, coa revalorización deste tipo de prácticas. O CCG deseñou unha exposición, comisariada por Francisco Díaz-Fieros Viqueira, vicepresidente do Consello da Cultura Galega, e con Pepe Barro no deseño expositivo, que tenta achegarse á visión indixenista que prevalece nos último anos. Pode descargala na Mediateca do Consello da Cultura Galega.

A exposición poderase ver en Tui ata o 30 de marzo (Área Panorámica), en San Martiño Pinario (Compostela), do 3 de abril ao 4 de maio. No mosteiro de Samos está durante os meses de xullo e agosto.

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

04/04/2024

Outro xeito de colonizar

Un libro biográfico sobre Rosendo Salvado en Australia está dispoñible para descarga

03/04/2014

A excepción cultural

Un simposio afonda na figura de Rosendo Salvado, defensor dos dereitos dos aborixes australianos

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Consello da Cultura Galega, Pepe Barro, San Martiño, Valedor do Pobo...