Australia recuperará o legado de Frei Rosendo Salvado mentres un simposio lembrará o traballo de Amor Ruibal

Nomes esquecidos

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
Os diarios de Frei Rosendo Salvado, o misioneiro beneditino de Tui que evanxelizou Australia hai uns cento sesenta anos, serán traducidos e publicados neste país. Roberto Esposto, profesor de español na universidade de Queensland e membro da comunidade beneditina que fundara este galego, está a se encargar da tradución e edición, que se agarda estea finalizada en 2009. Ao tempo, en Galicia prepárase un congreso que lembrará a figura de Ángel Amor Ruibal. Este teólogo e filósofo desenvolveu unha inxente tarefa filolóxica que chegou a obter recoñecemento mesmo a nivel europeo. Entre o 15 e o 17 deste mes un encontro no Consello da Cultura Galega reunirá a diferentes coñecedores desta figura co intención de situalo no lugar que lle corresponde dentro a historiografía europea.

Máis información en La Voz de Galicia, en Galicia Hoxe; no web do Consello; o noso especial e outros documentos sobre Frei Rosendo Salvado, nos nosos arquivos

Que che parece esta nova?
25 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Australia, Tradución, Galicia Hoxe, Culturagalega...