Henrique Monteagudo presenta no Consello da Cultura Galega o texto máis antigo escrito no noso idioma en Galicia

A primeira escrita

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:
O “Foro do burgo de Castro Caldelas", un documento depositado nos Arquivos dos Duques de Alba e orixinario de Allariz, resultou ser o máis antigo texto escrito en galego no noso país. Trátase dun privilexio rodado datado en 1228. “É o tipo de documentos máis solemne dos producidos polas chancelerías da península no tempo”, segundo explica Henrique Monteagudo, descubridor da importancia deste foro, que apunta que ata o de agora se consideraba este texto coma unha tradución datada anos despois. O Consello da Cultura Galega acolle esta mañá a presentación deste histórico documento, que ten tamén a peculiaridade de ser o único privilexio real escrito en galego da nosa historia.

Máis información no web do Consello da Cultura, en Vieiros, en Galicia Hoxe e nos nosos arquivos

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Henrique Monteagudo, Consello da Cultura Galega, Vieiros, Tradución...