O Día Mundial da Poesía celébrase con diferentes actos por todo o país

Día de versos

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Un recital con autores galegos e de prestixio internacional coma Méndez Ferrín, Xohana Torres ou Antonio Gamoneda será o acto central das celebracións do Día Mundial da Poesía. O PEN Clube e mais o Consello da Cultura organizan este evento en Compostela, unha cidade que acolle tamén esta tarde a ruta artística e literaria dedicada a Rosalía de Castro que se tivera que suspender pola choiva a finais do mes pasado. Ademais, en Padrón outro recital de sonetos celebra esta data, en Ourense un acto titulado "a poesía non morde" tentará achegar a lírica aos mais novos e ao longo de toda Galicia diferentes eventos conmemoran a festa.

Máis información no web do Consello da Cultura, Galicia Hoxe, en La Voz de Galicia ; en Vieiros e nos nosos arquivos

Que che parece esta nova?
59 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Poesía, Vieiros, Xohana Torres, Méndez Ferrín...