A coincidir coa presenza histórica de tres filmes galegos na edición 2023 do festival Berlinale, a Axencia Galega das Industrias Culturais presentará neste festival a nova edición do catálogo Films from Galicia. Esta guÃa, que fai un repaso da actualidade do noso audiovisual de cara á súa proxección exterior, porase a disposición de distribuidoras e profesionais do sector que estarán presentes no evento que se desenvolve na capital alemá ata o vindeiro 26 de febreiro.
A aproveitar a presenza a concurso neste festival dos filmes Matria, Sica e Samsara, o goberno galego organiza o vindeiro luns 20 o evento promocional Celebrating Galician Cinema, ao que acudirán "representantes de festivais, crÃtica especializada e empresas de distribución internacional, entre outros profesionais", segundo adianta a Agadic.
No catálogo que agora comeza a súa difusión inclúense os tres filmes presentes nesta cita. Canda a eles, achega unha escolma dun total de 74 novos traballos do noso audiovisual, dos cales 34 están rematados e os demais nas fases finais da súa produción.
Ademais de no propio festival de cinema, o noso audiovisual estará presente tamén no European Film Market que se desenvolve en paralelo a esta mostra. Un expositor achegará a representantes de empresas internacionais o traballo das produtoras Big Rights, Cinemar Films, Cósmica Producións, eFILM, Filmika Galaika, Frida Films, IndÃgena Films, L'Atalante Cinema, Matriuska, Miramemira, Portocabo, Sétima Cinema ou Sun Lúa, que contan con representantes propios no evento.