O novo catálogo Films from Galicia presenta 43 producións audiovisuais

O volume que publica Agadic distribúese en diferentes mercados internacionais do sector

4/3/2019 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Unha mostra da produción audiovisual galega recente e dos proxectos actualmente en desenvolvemento, cun total de 43 propostas de cinema e televisión é a achega do novo catálogo Films From Galicia. A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) presentaba a pasada semana esta publicación que comezou a súa distribución no European Film Market da Berlinale e que se repartirá nos diferentes mercados internacionais do audiovisual que contan con presenza galega.

A publicación, que se complementa cun vídeo promocional, artéllase en catro seccións que recollen 17 longametraxes de ficción, 11 documentais, seis títulos de animación e nove series televisivas, con fichas de cada un destes traballos a achegar datos do equipo, das historias e os principais apoios recibidos polos proxectos.

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Axencia Galega das Industrias Culturais, Berlinale, Animación...