
A nova edición do catálogo recolle, segundo sinala a Agadic, 9 longametraxes de ficción rematados e 14 en desenvolvemento na sección Pics e 12 documentais realizados e 11 en proxecto no apartado Docs. A sección Toons pola súa banda inclúe cinco tÃtulos de animación de próxima estrea mentres TV Series achega oito producións televisivas que xa chegaron ás pantallas e outras catro con estrea pendente.
Entre os tÃtulos que fan parte da proposta figuran longametraxes como Cuñados, Jacinto, 9 Fugas, MarÃa Solinha, Ons, Lúa vermella, Hasta el cielo, A illa das mentiras ou Eles transportan a morte en Pics; A Cero 5, Alén da Terra, No somos nada, Escribir o imposible, ClownÂ’s Planet, Eu tamén necesito amar, El futuro de la mente, Nación, Resonancias do pasado, O gran Camiño, A poeta analfabeta e A virxe roxa en Docs; e 3Caminos, Chegar a casa, Auga seca, Hierro, O sabor das margaridas, Método criminal, La Unidad e A lei de Santos en TV Series.
De cada unha das producións incluÃdas recóllense "datos dos equipos, as sinopses argumentais e contactos internacionais de cada produtora, asà como os principais apoios obtidos polos proxectos".