O audiovisual ten nova imaxe para a promoción exterior

Films from Galicia e Shorts from Galicia visitarán oito mercados

A Consellaría de Cultura presentaba esta mañá a nova imaxe dos programas de internacionalización para a industria audiovisual Films from Galicia e Shorts from Galicia. As dúas marcas contan ademais con novos catálogos e vídeos promocionais. Nesta ocasión Films from Galicia recolle un total de 70 títulos de cinema e de televisión, 12 máis que no pasado ano, ademais de promover Galicia como escenario de rodaxe. Pola súa banda, Shorts from Galicia achegará a mercados especializados seis curtametraxes do país. Jacobo Sutil, director de AGADIC, anunciou que a actividade promocional chegará este ano a oito citas internacionais, unha máis que no pasado ano.

Así, as misións comerciais nas que a Xunta colabora coas empresas do sector, comezarán o vindeiro luns 6 de febreiro coa presenza galega no mercado do Festival Internacional de Curtametraxes de Clermont-Ferrand (Francia) o 6 de febreiro. O European Film Market de Berlín (do 9 ao 17), o MIPTV (do 3 ao 6 de abril), o Marché du Film (do 11 a ao 20 de maio) e o MIPCOM, (do 16 ao 19 de outubro) todos en Cannes serán as seguintes citas do circuíto. O mercado especializado en documentais Sunny Side of the Doc terá por segunda vez presenza do nos audiovisual do 18 ao 22 de xuño en La Rochelle, mentres que a Bos Aires retornarase con ocasión do Ventana Sur do 3 ao 6 de decembro. Como única novidade, en 2017 incorpórase a esta relación o encontro internacional Conecta Fiction, que terá lugar en Santiago de Compostela do 20 ao 23 de xuño coordinado pola propia Agadic.

Vídeos promocionais de Films from Galicia e Shorts from Galicia