Esta foi a cuarta vez que o coruñés Alberto Vázquez, ilustrador e director de animación, levantou un Premio Goya das Artes Cinematográficas. Nesta ocasión foi grazas á longametraxe "Unicorn Wars", na que tamén asina o guión. A produción correu a cargo de Iván Miñambres, Nicolás Schmerkin e Chelo Loureiro, quen tamén sumaba con este, un novo Goya tras recoller o pasado ano outro na mesma categorÃa pola pelÃcula "Valentina". Para Vázquez este era o cuarto, xa que noutras edicións recolleu os premios Goya do xénero da animación por "Psiconautas" en 2015, tamén a mellor longametraxe, e por "Decorado" en 2016, como mellor curtametraxe e na que Loureiro tamén estaba na produción, a curtametraxe de animación 'Birdboy' foi coa que gañou a sùa primeira estatua en 2012. A Gala, celebrada en Sevilla tamén trouxo boas novas para a interpretación galega, aumentando o número destes galardóns do actor compostelán LuÃs Zahera, que recollÃa o Goya a mellor actor de reparto, disputado entre outros, co seu compañeiro de reparto en "As bestas", o tamén santiagués Diego Anido. Finalmente Zahera engade este premio ao que recolleu na mesma categorÃa en 2019, polo seu traballo no filme "El Reino", co mesmo director, RodrÃgo Sorogoyen. Este premio para "As bestas" foi un dos nove premios que recibiu a pelÃcula rodada en Galicia e con parte do seu equipo conformado por profesionais galegos, A presenza da cinematografÃa galega no reparto desta 37ª edición dos galardóns da cinematografÃa estatal engadiu tamén un premio a Fran Araujo, como parte do equipo de guionistas da pelÃcula " Por Un año, una noche", que recibiu o galardón ao mellor guión adaptado. Araujo é coñecido tamén polos seus traballos nas series "Hierro" e "Rapa" , da produtora Portocabo.