O festival cultural das Convergências Portugal-Galiza inicia este 10 de febreiro a súa novena edición cun obradoiro de Cavaquinho e Braguesa. Ata o vindeiro 25 de febreiro este programa achega dezaseis actividades que se reparten entre esta Braga, Ponteareas e Compostela a integrar música, danza, teatro, cinema, faladoiros, poesía, exposicións e visitas guiadas.
A conmemorar as datas de nacemento e de pasamento de Rosalía de Castro e de José Afonso, o programa rende unha particular homenaxe ás dúas figuras con tres concertos tributo. Nestes recitais Canto d´Aquí compartirá escenario con Iria Estévez, Pedro Jóia, María do Ceo, Uxía ou João Afonso nas distintas localizacións. Canda a estas propostas o proxecto inclúe actuacións de Artur Caldeira, Quico Cadaval ou Augusto Canário, a exposición sobre os 50 anos da casa museo de Rosalía de Castro ou proxeccións de cinema galego entre outras iniciativas.
O festival, que concentra a súa actividade en Braga, está promovido polo grupo Canto d'Aqui e o Centro de Estudos Galegos da Universidade do Minho co apoio da Fundación Rosalía de Castro, do concello de Ponteareas e da Rede da GaliLusofonía, entre outras entidades.