O universo fotográfico de Xulio Gil no Museo de Pontevedra

A exposición 'Símbolos do conflito' acolle a evolución conceptual do artista durante este século

| Santiago. Redacción | Seccións: ArteExposicións
Compartir:
Teorema de Napoleón. ©Xulio Gil.  Foto: Museo de Pontevedra

Teorema de Napoleón. ©Xulio Gil. Foto: Museo de Pontevedra

O Museo de Pontevedra reúne na exposición "Símbolos do conflito. Fotografías de Xulio Gil", inaugurada onte, as propostas conceptuais de Xulio Gil (Ourense, 1954) no período 2000-2022. Trátase dun achegamento a unha figura esencial da fotografía de autor en Galicia que nas últimas dúas décadas refinou as súas liñas de traballo e investigación estética anteriores. Matemático de profesión, Gil desenvolveu desde mediados da década de 1970 unha intensa carreira como fotógrafo, participando activamente nas transformacións da fotografía galega contemporánea. A exposición do Museo de Pontevedra, comisariada por Xosé Lois Gutiérrez Faílde achégase á produción artística de Gil no que vai de século, confrontando o seu corpo de traballo persoal e o seu impacto na definición do que entendemos como fotografía contemporánea. As obras presentes na exposición artéllanse en 11 series cos seus correspondentes anos de referencia e nos que se amosa como a súa fotografía foi mudando ata conformar un universo creativo orixinal. Introduciu de maneira sistemática a fotografía en cor, organizou a produción a partir de series fotográficas e afondou en pescudas estéticas que van da reflexión desde o imaxinario vernáculo ao establecemento dunha narrativa máis centrada na conceptualización que na indagación formal.

Que che parece esta nova?
93 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fotografía, Museo de Pontevedra, Xosé Lois Gutiérrez Faílde, Narrativa...