A Ángel Llanos a fotografía venlle de familia. O seu pai e o seu avó iniciaronse en 1885 no mundo da fotografía. Desde entón, as súas cámaras foron captando a evolución imparable da paisaxe urbana de Vigo. E iso é o que se amosa na exposición da Casa das Artes que abre desde hoxe un espacio retrospectivo a través das fotografías que plasmaron os obxectivos da familia Llanos desde o século XIX. Unha exposición que fala dun Vigo que se foi e que non era nada hai setenta anos.
Mostras de Vigo
Con 86 anos ás súas costas, Ángel Llanos, é o principal promotor desta exposición. Unha mostra que recolle en cen instantáneas (unha ínfima parte do seu arquivo persoal) o cambio dunha cidade e dunha ría que foi o eixo principal da súa evolución. Con centos de negativos e de positivos, o que máis lle marca a este home son as imaxes que ten gravadas na retina, aquelas imaxes que "se mirabas desde ar ía, desde a Porta do Sol carfa arriba era monte con casas, como o era a Gran Vía e o brario de Casablanca, ó igual que desde o actual Concello, antes cuartel, ata As travesas. E o que hoxe son As Camelias, non había máis que campos", en declaracións feitas ó Faro de Vigo. Por ese mesmo motivo, Llanos pretende falara "dese Vigo qeu se foi e que non era nada hai setenta anos", como unha pequena homenaxe persoal á cidade que o veu nacer.
Arquivo familiar
As imaxes que conforman a exposición forman parte do arquivo fotográfico famliar da Dinastía Llanos. Unha saga familiar que leva adicada ó mundo da fotografía desde 1885. Tres xeración ininterrompidas de obxectivos, negativos que foron plasmando a evolución da cidade olívica no mesmo momento no que se estaba a producir. Agora, un dos edificios culturais máis imporantes de Vigo, a Casa das Artes, alberga a memoria viva da cidade.
Unha cidade con tradición gráfica
A cidade de Vigo é unha amante da fotografía. Non en van cada dous anos é o centro dos obxectivos, obturadores e negativos de Galicia a través da Fotobienal. De feito a última bienal celebrouse o ano pasado destacando polo seu claro compromiso social.
E xa non só, por iso, senón porque en Vigo desenvolveron a súa tarefa artística algúns dos fotógrafos máis importantes de Galicia. E, de feito, os seus arquivos continúan estando presentes na cidade. É o caso de figuras tan coñecidas como o arquivo Pacheco, que está en proceso de dixitalización e que, segundo está previsto, preténdese que no futuro esté dispoñible na rede.