O CGAC amosa a fotografía documental de Raniero Fernández

A mostra estará aberta ata o 12 de xaneiro de 2023

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Foto: Raniero Fernández / CGAC

Foto: Raniero Fernández / CGAC

Raniero Fernández foi un fotógrafo que desenvolveu boa parte da súa actividade nos anos 50 e 60, á vez que presidía a Agrupación Fotográfica gallega, a entidade máis activa das asociacións fotográficas galegas. Unha escolma do seu traballo, no que sobrancea a ollada documental, pódese ver na mostra "Raniero Fernández. O arquivo" que se inaugurou a semana pasada no Centro Galego de Arte Contemporánea, en Santiago de Compostela. A mostra está comisariada por Manuel Sendón e Xosé Luís Suárez Canal. Segundo os comisarios, "as súas imaxes están lonxe da estética do pictorialismo tardío que caracteriza a fotografía afeccionada do momento". Abordou temas como o porto de Vigo, ou a fotografía de hórreos e cruceiros, "perseguindo replicar en fotografía o que Castelao foi debuxando".

Que che parece esta nova?
58 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fotografía, Documental, Castelao, Manuel Sendón...