A Fundación Seoane revisa a traxectoria de tres grandes fotógrafas de Magnum

A mostra estará aberta ata o 15 de xaneiro de 2023

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Cristina García Rodero, Sarracin de Aliste, Zamora, España, 1990 © Cristina García Rodero / Magnum Photos

Cristina García Rodero, Sarracin de Aliste, Zamora, España, 1990 © Cristina García Rodero / Magnum Photos

Os seus nomes xa son míticos na historia da fotografía contemporánea. Eve Arnold, Inge Morath e Cristina García Rodero son as protagonistas da mostra "Tres mulleres Magnum", que se inaugura mañá na Fundación Luís Seoane da Coruña. A mostra, producida polo Centro Niemeyer de Avilés en colaboración coa Axencia Magnum, estará aberta ata o 15 de xaneiro de 2023 e contén unha escolma de obras das tres fotógrafas. Eve Arnold prestou atención aos cambios sociais nos Estados Unidos e ao mundo do espectáculo desde 1951, Inge Morath atendeu a fotografía a pé de rúa e aos retratos de grandes figuras da cultura e Cristina García Rodero esculcou nas tradicións e ritos populares.

Que che parece esta nova?
73 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fotografía, Fundación Seoane, Luís Seoane, Espectáculo...