A fotografía da Axencia Magnum chega a Santiago da man de Erich Lessing

Enfoca, plasma e exhibe

É todo un nome en materia de fotografía, formou parte da Axencia Mágnum, un icono en materia de fotografía e as súas fotos ocuparon un espacio nas publicacións máis prestixiosas do mundo. Foi galardoado polo seu traballo en numerosas ocasións, publicou numerosos libros e ten un arquivo que leva o seu nome. E agora, a Igrexa da Universidade acaba de inaugurar a mostra "Erich Lessing. 50 anos de fotografía" que recolle o material da súa obra desde 1951 ata 2001. Unha exposición para ver.

Fotografía en Santiago




A Igrexa da Universidade de Santiago acaba de inaugurar a mostra de fotografía "Eriche Lessing. 50 anos de Fotografía". Unha exposición que pretende servir de mostra retrospectiva da obra dun dos fotógrafos da Axencia Magnum. De feito, a exposición acolle unha escolma do que foi o seu traballo desde 1951 ata o 2001. Este vienés emigrado a Palestina en 1939 iniciouse no mundo da fotografía en xardínsde nenos e nas praias e máis tarde no exército británico. No seu regreso a Austria exerceu com fotorreporteiro en Associated Press o que lle abreu a man para ser un free lance para revsitas como Quick, Life, Paris Match e Época. En 1951 entrou a formar parte do selecto clube de fotografía da Axencia Magnum, o que,en parte, viría a recoñecer a súa calidade profesional.

Lessing é, sobre todo, un fotógrafo social e as súas imaxes sobre a renovación húngara foron premiadas en 1956 co "American Art Editors Award" e que se poderán ver en Compostela. Pero no seu haber non figura só este galardón, senón que ademais recibíu o premio Nadar, o Dr. Karl Renner, o da Cidade de Viena, o Gran premio de Estado para a fotografía artística e a medalla Imre Nagy concedida polo presidente de Hungría.













Fotografía en Coruña



"Camiños de ferro" con este título se presentou o certame fotográfico da Fundación dos Ferrocarriles españoles, e baixo este título se exhiben tamén na Courña as fotografías galardoadas. Son mostras que pretenden amosar á xente desde o outro lado das vía. Un cruce entre camiños e destinos, a cara humana que se asenta do outro lado do raís.

A mostra pódese ver ata o día 16 de xuño e chega á estación de San Cristobal na Coruña logo de facer un longo percorrido por numerosas localidades do Estado Español. Nesta edición do certame participaron unhas 2.206 obras, das que 48 participaron eran galegos.







Os materiais de Lamazares



Madeira, cartón, pintura industrial e verniz foron os materiais empregados polo artista Antón Lamazares para a súa última obra. Unha mostra que se pode apreciar desde hoxe no Museo Municipal de Ourense. Unha obra que pretende reflexar a relación de Lamazares cos sentimentod, coas emocións e coa terra que titulou "Alma en luns". Un título que pretende evocar ó día da semana "no que a xente máis se cansa, e que é cando ten que ter a vontade para enfrontarse posivitamente ó cansanzo".