Santiago acolle unha exposición que recolle o nacemento e evolución da fotografía en Galicia

Desde a primeira foto

28/11/2003 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Andrés Cisneros, Fransico Zagala, Antonia Santos, María Carderelly son os nomes dos precursores da fotografía en Galicia e os protagonistas da exposición que onte abriu as súas portas baixo o nome "Fotografía en Galicia no século XIX". A mostra divídese en dúas partes; por unha banda, "A luz universal" (no pazo de Fonseca) que recolle a evolución de Galicia en 150 fotos desde o antigo Réxime e, por outro lado, "Galería de retratos" (na Igrexa da Universidade) outras tantas instánteas achegan imaxes de persoeiros ilustres como Eduardo Pondal, Emilia Pardo Bazán ou xentes do mundo da cultura. As imaxes foron reunidas por Xosé Enrique Acuña de coleccións, arquivos e museos e está producida polo Centro Galego de Artes da Imaxe.

Máis información en La Voz de Galicia e no web do CGAI

Que che parece esta nova?
38 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fotografía, CGAI, Xosé Enrique Acuña, Eduardo Pondal...