Falece Virxilio Viéitez, o fotógrafo da Terra de Montes

Viu recoñecido o seu traballo xa na vellez

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Falece Virxilio Viéitez, o fotógrafo da Terra de Montes

Tiña 78 anos cando morreu onte, ás cinco da mañá, e adquiriu a sona de vello, despois de que a súa filla organizara unha exposición coas súas fotografías e os seus retratos populares da xente de Terra de Montes fascinaran a dous expertos en fotografía, Manuel Sendón e Xosé Luís Suárez Canal, e mesmo chegou a ver unha escolma da súa obra editada e ser protagonista da Fotobienal de Vigo.

Retratista dos grandes momentos da vida (e da morte)
1/9
Imaxe 2
2/9
Imaxe 3
3/9
Imaxe 4
4/9
Imaxe 5
5/9
Imaxe 6
6/9
Imaxe 7
7/9
Imaxe 8
8/9
Imaxe 9
9/9

Virxilio Viéitez comezou a súa actividade na Terra de Montes no ano 57, sendo fotógrafo de vodas, bautizos, enterros, comunións, festas e fotos de carné ao longo dos concellos de Avión, Beariz, Forcarei, Millerada, San Marcos, Sanguñedo ou A Barcia, entre outros. As fotografías de Viéitez fálannos dunha Galicia de labregos de rostros tostados polo sol do campo, e de fotografías nas que os retratados aparecen en contextos que tentan "enriquecer" a foto: vellos Cadillac ou o Seat 1500, prantas e árbores, casonas, motos, etc, revelando a mentalidade da época. Aquí podes ver algo da súa obra.

Que che parece esta nova?
75 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Terra de Montes, Fotografía, Virxilio, Manuel Sendón...

Claves

Protagonistas
Conceptos