Unha mostra de Caixanova recompila 86 fotografías de Ramón Caamaño

Un artista do pobo

A obra social de Caixanova e o Centro de Estudios Fotográficos de Vigo abren hoxe unha mostra na que se recompilan oitenta e seis fotografías de Ramón Caamaño. Os comisarios da mostra, Manuel Sendón e Xosé Luis Suárez Canal, sinalan que realizaron a selección buscando o valor artístico das obras máis que o seu contido etnográfico.

As fotos

As oitenta seis fotos seleccionadas forton realizadas entr 1926 finais dos anos corenta, aínda que a datación é aproximada. Os comisarios da mostra, Manuel Sendón e Luis Suárez Canal, revisaron máis de mil placas gardadas no arquivo do fotógrafo de Muxía para seleccionar as que compoñen a mostra. Segundo eles, a selección realizouse tendo en conta criterios estéticos máis que etnográficos, descontextualizando as imaxes para primar o valor das imaxes en si memas.

Segundo os comisarios da mostra, os retratos ocupan a maior parte da producción de Caamaño, a maior parte deles caracterizados pola formalidade con que posan os protagonistas e por unha grande austeridade imposta polo fotógrafo e pola falta de medios.
Ademais do valor artístico das fotografías, os traballos de Caamaño posúen un importantísimo valor antropolóxico ó retratar a sociedade da Costa da Morte de comezos do século XX.
Caixanova e o Centro de Estudios Fotográficos editarán un catálogo da mostra no que se incluirán, ademais das fotografías, textos introductorios dos comisarios.
Despois de estar ata o vindeiro sete de abril na Sala de Exposicións Caixanova, a mostra viaxará por toda Galicia.



O fotógrafo


Ramón Caamaño, nacido en 1908 en Muxía, coñeceu a fotografía da man de Ruth Matilde Anderson, fotógrafa da National Geographic Society que chegou a esta vila a comezos de século. Logo de estudiar con Ksado, estableceuse como fotógrafo na Costa da Morte durante os anos trinta. A súa principal ocupación era realizar retratos nas feiras da zona e no seu propio estudio. O destino dunha grande parte destas fotografías eran os familiares emigrados. Ademais de tirar fotografías, Caamaño tamén introduciu o cine en moitas vilas da Costa da Morte, realizando funcións itinerantes polas noites.
O pasado ano o concello de Muxía abriu ó público o Museo Caamaño, que recolle, ademais do arquivo persoal do fotógrafo, diferentes ferramentas do seu traballo e recordos da súa longa carreira.