O Diario Oficial de Galicia publica este 2 de febreiro a nova convocatoria das axuda ao sector editorial do paÃs. Esta convocatoria, que apoia "gastos de edición, distribución e comercialización das publicacións editoriais" ao longo deste ano, conta ao igual que nas últimas edicións cun orzamento de 200.000 euros.
A convocatoria establece uns fondos máximos de 25.000 euros para cada editorial beneficiada, e afecta tanto a obras en galego como en castelán. A depender do investimento dedicado a cada tÃtulo, cando este é inferior a 6.500 euros as axudas cobren ata un 80% do gasto para obras en galego e 60% para outras linguas, e cando o investimento é superior a esta cantidade o apoio público ascende ata un 90% para obras en galego e un 70% para outras linguas.
De xeito paralelo convócanse tamén as axudas para a distribución de producións de artes escénicas e musicais que, ao igual que nos últimos anos, contan cuns fondos de 460.000 euros que se reparten ao 50% entre os dous sectores.
Esta liña apoia a distribución de espectáculos de artes escénicas dentro e fóra do noso paÃs asà como a asistencia e representación de espectáculos en feiras foráneas. No campo da música, pola súa band, apóiase a distribución internacional e a asistencia e representación en feiras fóra de Galicia.