A Xunta ven de publicar no Diario Oficial de Galicia as bases para as axudas a salas privadas de artes escénicas dirixidas a apoiar a actividade escénica no país. O investimento nesta liña de axudas increméntase en máis dun 33% respecto a 2022 e pasa dos 150.000 euros da anterior convocatoria a situarse nos 200.000 euros para impulsar a estabilidade no desenvolvemento dunha programación profesional por parte deste tipo de espazos. Cada unha das entidades subvencionadas poderá obter unha axuda máxima de 75.000 euros, en lugar dos 60.000 euros fixados en 2022, cun límite do 75% do gasto subvencionable. A contía recibida destinarase a gastos vinculados á contratación de espectáculos, servizos técnicos e auxiliares asociados, dereitos de autor, contratación de persoal, comunicación e publicidade, ademais de ata o 20% dos custos indirectos como alugueiros, subministracións ou gastos correntes. Neste último caso, aumenta tamén a porcentaxe subvencionable respecto ao límite do 10% das convocatorias anteriores. Sala Gurugú e Teatro del Andamio na Coruña e Sala Ártika e Teatro Ensalle en Vigo son as catro adxudicatarias desta convocatoria nos últimos anos.
Este ano as bases introducen unha definición máis axustada do tipo de entidades que poden optar a estas subvencións, dirixidas a profesionais autónomos ou persoas xurídicas privadas xestoras de salas de artes escénicas e posuidoras da correspondente licenza de apertura, sempre que os espazos non teñan unha capacidade superior ás 150 localidades e tiveran realizado un mínimo de 50 funcións durante 2022, fronte ás 30 esixidas na convocatoria anterior. O prazo para a presentación das solicitudes a través da sede electrónica da Xunta estenderase ata o vindeiro 27 de febreiro. A súa concesión realizarase en réxime de concorrencia competitiva a partir da avaliación dunha comisión nomeada para tal fin, que terá en conta criterios como a antigüidade da empresa, a capacidade do local e a súa pertenza á Rede Galega de Salas en 2022. O proxecto de programación, con aspectos como o número de funcións ou a contratación de compañías galegas, son outras das cuestións que se valorarán, así como os plans de financiamento, de comunicación ou de creación de públicos, entre outros. Con este reforzo económico, a Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades recoñécelles ás salas escénicas galegas o seu destacado papel ao servizo da difusión e da creación de públicos para o sector, ao tempo que se lle dá resposta ao aumento xeral dos custos no mantemento da súa actividade.