O CGAC recibiu preto de 50.000 visitas en 2022

Prepara a programación do seu 30 aniversario

24/1/2023 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

O Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) de Santiago de Compostela recibiu preto de 50.000 visitantes durante o 2022, segundo informou onte a Consellería de Cultura durante a xuntanza do Consello Asesor da entidade. A cifra supón un 30% máis de visitantes con respecto ao exercicio anterior. Durante este 2022 o CGAC organizou 14 exposicións e máis de 200 actividades. A Xunta está a organizar as diferentes accións conmemorativas para o 30 aniversario do centro, entre as que haberá "exposicións, congresos, xornadas e distintos espectáculos".

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Exposicións, Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), Consellería de Cultura, Santiago de Compostela