O CGAC pechou o 2012 con preto de 84.000 visitantes

Supón un descenso con respecto ás cifras de 2011

25/1/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Para o Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) o 2012 foi o ano da Colección Helga de Alvear, das aproximacións ás figuras de Rafael G. Bianchi e a Esther Ferrer e que pechou (aínda segue) cunha gran retrospectiva de Fernando Casás. A aposta artística, así como as actividades de todo tipo realizadas no centro (a máis diversa desde a súa creación que incorporou desde cinema, música ata un particular mercado de artesanía) levaron ata o centro a 83.712 persoas. Son 13.788 menos que no ano anterior, pero moi por riba da cifa de visitantes do centro en 2010 con 53.000 usuarios.

Que che parece esta nova?
32 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fernando Casás, Cine, Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)

Claves

Protagonistas
Conceptos