A colección de Helga de Alvear protagoniza a nova mostra do CGAC

Unha selección de fondos reflexiona sobre o coleccionismo e a xenerosidade

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

O Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) acolle, ás oito desta tarde, a inauguración de De la generosidad. Obras da Colección Fundación Helga de Alvear. A nova mostra, que comisaría o director do centro, Miguel Von Hafe, aproveita o material reunido por esta coleccionista para reflexionar sobre o propio fenómeno do coleccionismo e encol da xenerosidade, tanto a intrínseca ao arte creativo como a vencellada á exposición da arte.

A exposición parte de obras do modernismo clásico, con autores como Morris Louis, Ad Reinhardt, Robert Motherwell, para seguir despois por unha banda as traxectorias da neovangardas e movementos dos anos sesenta e setenta, e pola outra as propostas contemporáneas. A mostra permanecerá aberta ata o vindeiro 12 de xuño.

Que che parece esta nova?
54 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

A arte acumulada

A arte acumulada

A importancia do coleccionismo na arte contemporánea pasa desapercibida para o grande público

Un acto de xenerosidade

Un acto de xenerosidade

A mostra De la generosidad está aberta no CGAC do 23 de marzo ao 17 xuño de 2012

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), Morris

Claves

Protagonistas