Un acto de xenerosidade

A mostra De la generosidad está aberta no CGAC do 23 de marzo ao 17 xuño de 2012

26/3/2012 | Redacción: Santiago. Redacción | Seccións: arte
2 lecturas | Compartido 0 veces

Jack Pierson: Transcendentalism, 1999

"Cando o coleccionista privado demostra unha especial capacidade de xulgar sobre as incorporacións á súa colección, non estará nunha posición de vantaxe sobre (algunhas) institucións, en particular sobre aquelas que navegan a sabor das visións dos seus responsables, frecuentemente con mandatos tan curtos que non deixan base estrutural algunha?", reflexiona o comisario da mostra e director do CGAC, Miguel von Hafe, ao redor da mostra De la generosidad, que escolma fondos da colección Fundación Helga de Alvear, creada por Alvear durante varias décadas de coleccionismo particular. Para von Hafe, o obxectivo desta mostra é "establecer unha plataforma de encontros que revelen algunhas das cuestións fundamentais que atravesan o devir artístico na segunda metade do século XX e na contemporaneidade". Para iso, De la generosidad conta con obras de Chillida, Christo, Paul Graham ou Ignasi Aballí, entre moitos outros. Estará aberta no CGAC ata o 17 de xuño.

Universo culturagalega.gal

Contextos

Claves

Entidades