Unha mostra sobre o dandismo abre o ano expositivo no CGAC

Miguel Von Hafe estreáse como director cunha mostra dobre sobre a colección do centro

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Sur le dandisme ajourdhui, estará ata marzo no CGAC

Sur le dandisme ajourdhui, estará ata marzo no CGAC

“Antes de que se inventaran os escaparates, George Bryan Brummell posaba diante da cristaleira do seu clube londinense ben engalanado para que o vira todo o mundo. Era unha das demostracións do dandismo”, explicaba Sergio Robira, comisario da exposción Sur le dandysme aujourd´hui que abre hoxe as súas portas no CGAG. Unha mostra que recolle estratexias, temas e iconos do dandismo que se asumiron en numerosos artistas da arte contemporánea. “Non dicimos que sexan dandis, apunta Robira, senón que se comportaran como tal”. Bryan Burmmel, Baudelaire e Oscar Wilde son as tres figuras nas que se centra unha exposición que tamén hai referencias aos acontecementos do século XIX que deron pé ao nacemento do dandismo. A exposición poderase ver ata o 21 de marzo, un tempo no que tamén estará a primeira exposición comisariada no centro por Miguel von Hafe. Baixo o título de Espectral, o director revisa a colección propia, nunha mostra que inaugurará o vindeiro 12 de febreiro a segunda parte.

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Un acto de xenerosidade

Un acto de xenerosidade

A mostra De la generosidad está aberta no CGAC do 23 de marzo ao 17 xuño de 2012

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Oscar Wilde, Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)