Empezou dicindo que non cambiarÃa a “identidade atlántica” do centro, nin o traballo feito en prol das relacións con latinoamérica; seguiu falando da necesidade de reforzar simbolicamente a presenza do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) no resto de Galicia, para pasar a falar do cambio da estrutura xurÃdica (a conversión en fundación que lle dará máis autonomÃa). Miguel von Hafe (Oporto, 1967) presentouse hoxe como novo director do CGAG apuntando que tardará un tempo en notarse o seu proxecto de traballo. Para empezar, “contaremos cun ciclo de grandes exposicións de fondos institucionais de Galicia e Portugal” apuntou von Hafe. Pero antes lembrou que o CGAG, malia levar a etiqueta de “centro de arte no seu nome”, ten unha colección propia que hai que “visibilizar”.
ConfluÃron moitas circunstancias para que a presentación de von Hafe como director do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) fose un acontecemento especial. Era a primeira vez que se escollÃa por un concurso de méritos, será baixo o seu mandato que se acometa o cambio da estrutura xurÃdica do centro e, ademais, a presentación contou coa presenza do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo quen dixo que o seu goberno “acatou” a decisión tomada por un comité de expertos. Canda el estaba o director xeral de Promoción e difusión da Cultura, Francisco López RodrÃguez e o conselleiro de Cultura, Roberto Varela, quen repetiu a súa idea de converter o CGA nun “centro de referencia internacional”.