O CGAC bota man dos seus fondos para poñer en marcha “Distancia crítica”, a súa última mostra

Hai distancias críticas

28/2/2008 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

45 fotografías de persoas cos ollos pechados convidando ao público a poñer os sentidos e emocións abren a última mostra do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC). Chámase “Distancia crítica” e está comisariada por Lourdes Pardo e Cruz Provecho. A mostra exhibe obras da colección que ten o propio CGAC mais tres do fondo ARCO. Jorge Barbi, Joana Cera, Rui Chafes, Lynne Cohen, Eva Lootz, Francisco Mantencón, Vik Muniz ou Carlos Rial son agúns dos artistas que integran esta colectiva que se inaugura mañá e estará aberta ata o 1 de xuño.

Que che parece esta nova?
23 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Eva Lootz, ARCO, Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)