A nova exposición do CGAC amosa os camiños como "tema central da arte contemporánea"

Inaugúrase mañá e poderase visitar ata o 26 de setembro

11/6/2021 | Santiago. Redacción | Seccións: arte
35 lecturas | Compartido 0 veces

Sophie Whettnall. Foto: CGAC

Mañá 12 de xuño o CGAC inaugura a exposición Camiños I, unha mostra colectiva comisariada por Alberto Cartón e Santiago Olmo que "aborda o feito de camiñar, andar, pasear e a vivencia do camiño, do vagar, do itinerario e a peregrinación como fenómenos e experiencias artísticas". A mostra fai dialogar a artistas e proxectos que "historicamente marcaron as formas de visualizar o camiñar e a evolución da idea do camiño" que, segundo os comisarios, "a partir dos anos setenta o camiñar convírtese nun tema central da arte contemporánea", vinculada ao land art e a apertura conceptual cara a paisaxe. Moitas das pezas son da propia colección do CGAC, e nela pódese ver obra de Richard Long, Roland Fischer, Manolo Paz, Rubén Ramos ou Sophie Whettnall, entre moitos outros.


Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Santiago Olmo, Manolo Paz, Paisaxe, Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)