O CGAC abre a mostra A sombra da historia

A exposición intégrase no Proxecto_Edición

23/7/2008 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Ás once da mañá abría no Centro Galego de Arte contemporánea a primeira mostra dedicada ao Proxecto_Edición desta temporada. A sombra da historia está comisariada polo propio director do centro, Manuel Olveira, e achega obras de Joan Fotcuberta, Carlos Pazos, Xabier Ribas, Dora García, Ignasi Aballí, Ceal Floyer, Hans-Peter Feldmann, Julian Germain e Jorge Barbi. O eixo da iniciativa céntrase na problemática de acceder á información e aos arquivos nun momento no que se dá unha grande acumulación de datos na sociedade, e mais na imaxe fragmentada da realidade que xera esa situación

Que che parece esta nova?
21 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Manuel Olveira, Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)