O CGAC terá un 40 por cento menos de orzamento para o 2011

O centro non comprará obras neste ano nin no que vén

7/10/2010 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Saíra publicado en diferentes medios pero non existía confirmación oficial. Pero o director do Centro Galego de Arte Contemporánea, Miguel Von Hafe, díxoo onte no marco dunhas xornadas sobre Arte + Grandes eventos que a consellaría de Cultura recurtará a dotación do CGAC nun 40%. Neste 2010, o centro público tiña un presuposto de 3 millóns de euros (dos que 600.000 estaban destinados exclusivamente á compra de obras). Segundo avanzou hai uns meses o seu director, os recurtes afectarán directamente á compra de obras e nin en 2010 nin en 2011 o centro non adquirirá ningunha obra (agás o compromiso contractual coa fundación Arco para mercar na feira madrileña a cambio de albergar a súa colección).

Que che parece esta nova?
26 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con ARCO, Feira, Fundación Arco, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO)...