O CGAC non contará con comisión asesora de compras ata o 2011, como mínimo

A institución apreciou un incremento de público malia contar con menos personal

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Foi unha das súas primeiras promesas como director do CGAC, Miguel von Hafe anunciou daquela que contaría cunha comisión asesora que tomase as decisións á hora de mercar obras para a colección. Pero os compromisos adquiridos (desde a anterior dirección e coa Fundación ARCO en virtude do convenio que tamén lles cede en depósito a colección) fan que neste 2010 non se constitúa tal entidade. “Se todo transcorre con normalidade e non hai recortes drásticos será no 2011” apuntou a Culturagalega.org, Miguel von Hafe. Ademais, o director está moi satisfeito coa resposta de público ao seu programa de actividades malia contar con menos equipo (con respecto a anterior dirección, o CGAC non ten responsable de prensa nin a figura de director adxunto).

Que che parece esta nova?
32 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

O novo CGAC

O novo CGAC

Miguel von Hafe “sería esquizofrénico que na mesma estrutura se creasen dúas entidades (Cidade da Cultura e CGAC) que puideran competir”

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Culturagalega, Fundación Arco, Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)