O CGAC sopesa a posibilidade de non facer compra de obra de arte no 2010

Nas vindeiras semanas definirase o modelo xurídico que rexerá o centro no futuro

15/1/2010 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Vista de Espectral, parte I, primeira mostra comisariada por Miguel von Hafe como director do CGAC

Cando Miguel von Hafe se fixo cargo do centro anunciou a súa intención de crear unha comisión que validase as compras da colección da institución. Hoxe, aproveitando a presentación das primeiras exposicións, entre elas unha que bota man dos fondos propios (Espectral), von Hafe volveu poñer o énfase na necesidade de darlle unha relación máis forte que escapara “dos gustos de cada director”. Non se avanzou na creación desa comisión porque o equipo do CGAC estivo volcado no deseño da programación para este 2010. O que si avanzou é que existe a posibilidade de non facer adquisición de obras neste ano porque existen compromisos de compra herdados do anterior equipo que ascenden a 400.000 euros. “Primeiro, hai que pagar o que se debe” apuntou Miguel von Hafe. Ademais, o conselleiro, Roberto Varela, explicou que nas vindeiras semanas concretaráse con qué modelo xurídico (existen varias figuras ao respecto) contará o CGAC para, acto seguido, iniciar o proceso.

Que che parece esta nova?
24 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Roberto Varela, Exposicións, Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)