Fernando Casás e Esther Ferrer, grandes apostas do CGAC para 2012

O centro compostelán disporá de 200.000 euros para adquirir novas obras

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

A xuntanza do padroado do Centro Galego de Arte Contemporánea acordou un primeiro adianto do que será a programación da entidade para 2012. Segundo sinalou Roberto Varela, conselleiro de Cultura, neste período poderá verse no espazo compostelán unha grande exposición de Fernando Casás, un dos pioneiros no movemento Arte & Natureza, e mais unha mostra do traballo en ‘performance’ Esther Ferrer, Premio Nacional das Artes Plásticas.

Canda a isto, Varela adiantou que se dotará unha partida de 200.000 euros para a adquisición de novas obras para a colección do centro, a maior parte das cales se lle mercarán a galerías galegas. O conselleiro lembrou asimesmo que o centro celebra en 2013 o seu vixésimo aniversario, e que para esta ocasión se prepara unha programación especial.

Que che parece esta nova?
45 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fernando Casás, Roberto Varela, Natureza, Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)