Comezan en Carballo as celebracións do Ano do Xestal

Este 4 de xaneiro conmemóranse os 30 anos do pasamento do humorista

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Comezan en Carballo as celebracións do Ano do Xestal

A coincidir este 4 de xaneiro coa conmemoración de trinta anos do pasamento de Carlos Díaz O Xestal, diferentes entidades de Carballo inician a celebración do ano dedicado á figura deste humorista e activista cultural. Deste xeito, xa este día 3 o Coro Aires de Bergantiños, do que foi membro fundador o homenaxeado, intervirá nunha misa cantada na igrexa de San Xoán Bautista.

Desde a comisión organizadora do Ano do Xestal, participada polo Concello, convocan para o propio día catro unha ofrenda floral na tumba do Xestal no cemiterio parroquial de Razo, no que participarán o dinamizador cultural Xurxo Souto, o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e a Banda Municipal de Gaitas.

Que che parece esta nova?
71 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Carballo, San Xoán, Bergantiños, Xurxo Souto

Claves

Protagonistas
Conceptos