Distintas iniciativas lembran a Carballo Calero no 30 aniversario do seu pasamento

Artigos, podcasts ou unha homenaxe en diferido reivindican a figura do homenaxeado no Día das Letras

25/3/2020 | Santiago. Redacción | Seccións: literaturaDía das Letras Galegas 2020
32 lecturas | Compartido 0 veces

Cartel da homenaxe da Mesa e Galiza Cultura

A coincidir cos treinta anos do seu pasamento, diferentes iniciativas están a lembrar a figura de Ricardo Carballo Calera. A Mesa pola Normalizaicón, en colaboración con Galiza Cultura, chama a unha homenaxe que anuncian se desenvolverá no momento en que sexa posible. De xeito máis inmediato, canda a iniciativas como o especial que publicou o Consello da Cultura, multiplícanse na rede contidos co protagonista do Día das Letras como foco. Así, Nós Diario publica hoxe a reportaxe Calidoscópico Carvalho, após trinta anos, un texto que percorre a pegada do autor na cultura do país logo de tres décadas.
O podcast O Lar das Letras, do Colectivo Literario Moraima, dedícalle a súa segunda edición ao profesor. O programa recolle lecturas de textos sobre o autor, recomendacións de obras e entrevistas a membros da Asociación Ferrolterra Antiga arredor do homenaxeado, ademais de reproducir varias cancións que adaptan poemas do autor.



Tamén o Club de Lectura de Radio Fene Radiofusión lle dedicou o seu programa radiofónico a Carballo, a contar coa presenza de Henrique Dacosta, autor da biografía Carvalho Calero. Vida e obra dun ser polifacético. Canda a el, participaron neste espazo a directora dos Roteiros de Carvalho Calero, Loreto de Castro; Henrique Sanfíz, Antonio Casal, de Ferrolterra Antiga e María Xesús Arias.

Audio do Club de Lectura de Radio Fene Radiofusión sobre Carballo Calero.

Universo culturagalega.gal

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego

Escenarios
3 lugares identificados