A Cátedra de Arqueoloxía e Educación Patrimonial da Universidade da Coruña, creada conxuntamente co concello de Ferrol, comezou onte a súa programación oficial coa inauguración da mostra "Orixes", que presenta o patrimonio de Ferrol vinculado á Idade do Ferro. A mostra, inaugurada no Centro Torrente Ballester, presenta os diferentes xacemento castrexos da comarca e achega unha mostra dos materiais localizados nalgúns deles en décadas pasadas. Durante a presentación, amosouse a intención de escavar o castro de Esmelle en 2023. A cátedra está dirixida polo profesor Juan Luis Montero Fenollós.
A Cátedra de Arqueoloxía de Ferrol inaugura unha mostra sobre o pasado castrexo do concello
A mostra pódese visitar no Centro Torrente Ballester
34 lecturas | Compartido 0 veces
Universo culturagalega.gal
Contextos
Claves
Protagonistas
Conceptos
Lugares


