Ferrol abrirá un arqueódromo para estudantes de Primaria

Estará instalado no Centro Torrente Ballester

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
Foto: Eloy Taboada / Cátedra de Arqueoloxía e Educación Patrimonial

Foto: Eloy Taboada / Cátedra de Arqueoloxía e Educación Patrimonial

A Cátedra de Arqueoloxía e Educación Patrimonial da Universidade da Coruña e o concello de Ferrol inaugurará o vindeiro 26 de xaneiro un 'arqueódromo' estable no Centro Cultural Torrente Ballester da cidade departamental. Está orientado a que escolares de primaria coñezan a metodoloxía do traballo arqueolóxio a partir dun gran caixón de area con diferentes niveis arqueolóxicos desde a Idade do Ferro ata época romana. O arqueódromo incluirá tamén obradoiros de escritura mesopotámica e estará ao cargo da museóloga Lucía Brage. O arquódromo foi deseñado pola empresa Xeitura e xa é posible que os centros educativos reserven praza na experiencia.

Que che parece esta nova?
100 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Arqueoloxía, Educación, Idade do Ferro, Universidade da Coruña...