
Segundo apunta o texto, Campos "era unha persoa á que lle gustaba facer o mundo máis interesante e a súa foi unha vida que resume o espírito dos anos oitenta en Galicia, unha época que retratou como ninguén. Humorista como forma de vida, todo o que tocaba quedaba impregnado da súa esencia e personalidade. Tanto debuxando como escribindo, deixou unha inxente produción artística para alguén que morreu con trinta e nove anos acabados de cumprir".
A publicación coincide cunha serie de homenaxes que lembran o autor cando se fan trinta e un anos do seu falecemento e que inclúen a publicación dun libro, unha exposición e a rodaxe dun documental.