Falece o escultor Gonzalo Sarasquete

O artista plástico ribeirán tiña 61 anos

O artista plástico ribeirán tiña 61 anos
Gonzalo Sarasquete Foto: Facebook do artista
Este mércores, 28 de decembro, falecía na súa localidade natal de Ribeira o artista Gonzalo Sarasquete aos 61 anos de idade. Licenciado en Belas artes pola universidade de Salamanca en 1988 amosouse influído polo movemento Atlántica dos anos oitenta, co que compartiu os seus inicios expresivos. Para os seus primeiros traballos na escultura usa materiais como o granito ou a madeira, pero pronto pasa a experimentar con outros como o sulfato de cobre, asfalto, caucho e la fibra de vidro, chegando máis tarde á lousa, que acaba por converterse no seu material expresivo de referencia. Afincado a meirande parte da súa vida nas Illas Baleares, onde exerceu a docencia, nunca perdeu o contacto coa súa terra, moi presente na súa obra. Traballos seus están presentes en espazos públicos do Barbanza, Salamanca e Mallorca, así como en diversas colecciónS de arte e museos, desde o Museo do Pobo Galego ata a colección do Banco de España. En Madrid en galerías como Villalar ou Belarde 20, seleccionado polo crítico Miguel Logroño para ACTA 88 no Palacio de Velázquez de El Retiro. Mais recentemente se topa comprometido cunha escultura combativa de denuncia abandonando o puramente estético e achegándose máis á súa terra con novas series como : "O ultimo Patagullo" presentada na galería Metro de Santiago, no setembro do 2011 Hoxe ás 18:20 horas terá lugar a condución dos seus restos mortais desde o Tanatorio mucipal ao cemiterio, tras do que haberá un funeral na igrexa de Santa Uxía.

Dossier do artista.
Ligazóns