Falece o galerista e anticuario pontevedrés Jaime Trigo

O empresario de 80 anos levaba a metade da súa vida nos negocios da arte en Pontevedra e Coruña

| Santiago. Redacción | Seccións: ArteNecrolóxicas
Compartir:

Galerista e anticuario, Jaime Trigo Menlle falecía onte aos 80 anos de idade en Pontevedra, cidade na que creceu e á que estivo vencellado, ademais de polos negocios familiares (Hotel Universo) pola súa actividade como anticuario e galerista durante máis de corenta anos. Coa Galería Altamira e o Centro de Arte Jaime Trigo o empresario levou adiante a súa actividade nas dúas claves de coleccionismo o que o levou a atesourar unha das máis importantes coleccións privadas e arte en alabastro, que chegou a ter exposición monográfica propia no Museo da catedral de Santiago e no Museo do Mar de Galicia. Trigo Menlle tamén levou a súa actividade á cidade da Coruña onde hoxe tamén é lembrado por ter aberto alí a galería Isadora, especializada en Art Decó e foi membro fundador da Asociación Galega de Anticuarios. Os seus restos están a ser velados hoxe no Tanatorio San Mauro de Pontevedra e o vindeiro día 18 ás 17:00 horas terá lugar un funeral no Santuario das Miragres de Amil,

Que che parece esta nova?
46 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Pontevedra, Galería, Catedral, Museo da Catedral de Santiago...