O sector da arte contemporánea en Galicia ven de perder a unha das figuras da súa historia recente. A morte da viguesa MarÃa Falagán, tras un proceso de enfermidade que a tiña separada da vida social desde hai uns anos, sacude ao galerismo da comunidade, onde era ben coñecida desde fai máis de tres décadas. Falagán, un exemplo da profesionalización dos axentes artÃsticos como galerista, comisaria de exposicións e empresaria, tivo os seus inicios traballando na Coruña nos anos 80 na galerÃa Labris para despois volver a Vigo onde abriu a galerÃa Ad Hoc, coa que deu difusión a numerosos creadores, levando a súa obras a feiras como ARCO. Tras do seu paso por esta galerÃa tamén dirixiu outras en Madrid. En Vigo tentou sen éxito, antes da súa enfermidade, impulsar a librarÃa do MARCO. Como comisaria de arte puxo especial énfase na proxección de mulleres artista da comunidade coordinando a Bienal de Artistas Galegas que se celebraba na Casa das Artes de Vigo ou a exposición 'Clónica' da Marcha Mundial das Mulleres en Vigo. Ademais diso da súa man chegou a arte galega a española a outras feiras internacionais, creando fortes vencellos con Portugal no seu momento. Dirixiu exposicións en Art et Industrie en Nova York, no Parlamento de La Rioja, no CÃrculo de Bellas Artes de Madrid e na Fundación Recoleta de Buenos Aires, entre outras. MarÃa Falagán falecÃa prematuramente este luns 14 de xaneiro en Vigo.