Aberta a licitación para a rehabilitación da Torre do Castro en Valdeorras

O orzamento é de 250.000 euros

27/12/2022 | Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Simulación do resultado da intervención. Imaxe: oau

O concello do Barco de Valdeorras aprobou a saída a concurso da rehabilitación do contorno da Torre Medieval de o Castro, localizada na vila de O Castro, sobre a actual O Barco de Valdeorras. O conxunto, segundo a memoria do proxecto, presenta "unha riqueza arqueolóxicas importante, que se manifesta na existencia de diferentes estratos correspondentes ás diferentes épocas". O proxecto propón resolver "necesidades espaciais e funcionais" para os habitantes actuais, abrindo o espazo público, mellorar a accesibilidade e unha intervención arqueolóxica no interior da antiga fortaleza medieval co obxectivo de "descubrir e verificar os restos de arquitecturas BIC, así como afolorar posibles restos romanos e castrexos como xa aconteceu na primeira parte dos traballos executados". O proxecto, elaborado polo estudo Oficina de arquitectura, urbanismo & planificación, conta cun orzamento de case 250.000 euros.

Que che parece esta nova?
61 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Valdeorras, Torre, Arquitectura, Barco de Valdeorras...