Os deputados Xosé Luís Rivas Cruz e Mercedes Queixas Zas, en representación do Bloque Nacionalista Galego, presentaron o pasado día 23 na Comisión 4ª, de Educación e Cultura, do Parlamento de Galicia a proposición non de lei, para que a Xunta de Galicia dispuña dun fondo de "gravacións de música tradicional galega de Nadal e poñelo a disposición pública para o seu uso e divulgación". Con modificacións respecto ao texto inicial, a proposta aprobouse por unanimidade de todos os grupos políticos da cámara galega quedando o texto como segue: "O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a que desde a Consellería de Educación e Cultura tomen as medidas necesarias para dispoñer dun fondo de gravacións tradicionais galegas de música de Nadal, e mediante campañas de sensibilización se continúe a divulgar a dar a coñecer o rico patrimonio galego de tradición oral e cultural do Nadal en galego, e a fomentar o seu uso nos medios de comunicación públicos e todo tipo de entidades culturais para uso e desfrute da poboación galega en xeral. E nomeadamente por parte dos centros educativos de Galicia das etapas de infantil e primaria, acompañando estas campañas con material didáctico para que a comunidade educativa poida traballar sobre el."
O Parlamento pide a creación dun fondo público de panxoliñas
A solicitude ao goberno autonómico aprobouse por unanimidade de todas as forzas políticas
29 lecturas | Compartido 0 veces
Para saber máis
Universo culturagalega.gal
Contextos
Claves
Protagonistas
Conceptos