O Parlamento solicítalle á Xunta que recoñeza as festas parroquiais como BIC

A proposta foi aprobada por unanimidade na Comisión 4 de Educación e Cultura

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Os representantes de todos os grupos presentes na cámara galega aprobaron por unanimidade este 27 de novembro instar á Xunta "a que recoñeza ás festas parroquiais galegas como Patrimonio Cultural Inmaterial de Galicia na súa categoría de Ben de Interese Cultural".

A iniciativa, presentada polo Grupo Parlamentario Popular, sostén que "as festas parroquiais constitúen unha tradición cultural viva e arraigada ao longo do tempo, que contribúe decisivamente a conformar a identidade e a cohesión social dos veciños e veciñas de Galicia", ademais de sinalar que "son un elemento cunha importante relevancia para o conxunto de Galicia". De xeito máis específico os populares inciden en que "en Galicia prodúcese un fenómeno particular e único, con fins de semana con máis de 200 festas" .

A proposta recolle a iniciativa da Asociación Galega de Orquestras, á que o Grupo Popular amosa o seu apoio explícito ao tempo que sinala que esta entidade "leva a cabo un traballo encomiable de promoción e divulgación da festa popular galega co obxectivo de que sexa declarada Patrimonio Cultural Inmaterial de Galicia". Na mesma liña, defende que "as orquestras e as verbenas son dous factores claves sen os que non poderíamos entender este tipo de festexos tal e como son".

Que che parece esta nova?
62 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Educación, Ben de Interese Cultural, Identidade, Asociación Galega de Orquestras