O acordo dos grupos presentes no Parlamento de Galicia permitiu onte a aprobación por unanimidade dunha proposición non de lei para reclamar o retorno do Pazo de Meirás ao dominio público. A resolución aprobada insta á Xunta de Galicia a que lle reclame ao Goberno Central accións para que este monumento, en mans da familia Franco, retorne ao dominio público. No texto o Parlamento reclama ademais que esta recuperación se realice sen custos para o pobo de Galicia.
Texto da proposición non de lei sobre Meirás aprobada o 11 de xullo no Parlamento de Galicia
“O Parlamento de Galicia, recoñecendo o importante traballo realizado desde hai anos por historiadores e historiadoras, asociacións da memoria histórica, á Xunta pro devolución do Pazo de Meirás, e institucións coma a Deputación da Coruña e o Concello de Sada, entre outros, insta á Xunta de Galicia:
1.- A que remita urxentemente o Informe da Comisión de Expertos nomeada pola ConsellerÃa de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, en cumprimento da resolución do Parlamento de Galicia sobre as posibilidades de incorporar ao Patrimonio Público a propiedade das ‘Torres de MeirásÂ’, con todos os seus anexos documentais, á Administración Xeral do Estado coa petición de que se realicen as accións legais á que fai referencia o informe na súa conclusión final co obxecto de reintegrar as ‘Torres ou Pazo de MeirásÂ’ ao ámbito dos bens de dominio público da Administración Xeral do Estado.
2.- A incorporarse, en canto sexa exercitada esa acción legal, ao proceso civil como coadxuvante adhesiva.
3.- O Parlamento de Galicia declara a súa vontade de que a recuperación do Pazo de Meirás para o patrimonio público non implique un novo custo para o pobo de Galicia”.